Retos territoriais de Migramiño

Retos territoriais de Migramiño

Retos territoriais abordados no proxecto:

O proxecto MIGRA MIÑO – MINHO intervén nun dos elementos territoriais vertebradores do espazo transfronteirizo entre Galicia e Portugal: a conca do tramo internacional do río Miño, espazo natural de fronteira. Trátase dunha área singular cun alto valor ecolóxico, social e económico que ademais localiza 5 espazos incluídos na Rede Natura 2000.

Como xa se comentou anteriormente, a través deste proxecto iníciase por primeira vez unha colaboración efectiva na implementación sobre o territorio de solucións que inciden directamente na conservación de diferentes especies de peixes migradores, o que supón un avance moi notable na colaboración entre os xestores públicos con competencias en conservación de especies e xestión de concas hidrográfica.

Este proxecto é importante para o territorio POCTEP porque supoñerá poñer en marcha mecanismos para a gestiónde esta área natural coa finalidade de mellorar a biodiversidade, o hábitat e o estado de conservación das especies de peces migradores do río Miño. Trátase, por tanto, dun proxecto que implica a implementación de actuacións de xestión conxunta para a protección e conservación dun espazo natural de fronteira que ademais axudará a poñer en valor o medio ambiente e os recursos naturais piscícolas asociados.