O proxecto Migra Miño-Minho estivo presente no ano 2018 nas xornadas da Asociación Galega de Investigadores da Auga celebrada en Santiago de Compostela.
Durante 2018 os socios do proxecto Migra Miño-Minho participaron en diversos workshops celebrados en grandes capitais de Europa como é Lisboa e Copenague, dando a coñecer novas metodoloxías para a marcaxe de peixes na acuicultura, monitoraxe, bioloxía de peixes diádromos, entre outras.
O proxecto Migra Minho-Miño implicou ás novas xeracións nas actuacións do proxecto, proba diso, é a colaboración coas Armadas Españolas e Portuguesas xunto con escolares de ambos os lados da fronteira na solta de xuvenís de salmón en Tui.
Realizáronse diversas actividades no marco do proxecto, desde a celebración do día dos peixes migradores, a participación en feiras, como a do Medioambiente celebrada na Pobra do Caramiñal, ata a organización de visitas de campo para que os escolares puidesen coñecer a pé de campo como se realizan as mostraxes piscícolas nos ríos Deva e Furnia.
Elaboráronse catro vídeos para dar a coñecer as actuacións do proxecto:
Desenvolveuse unha plataforma web informativa sobre o río Miño con información sobre a súa fauna e flora, dos peixes migradores así como das artes de pesca que se empregan no río Miño desde hai séculos.