Non existen obstáculos ao paso dos peixes ata a presa de Frieira.
O río Barxas presenta unha forte pendente na desembocadura, limitando o remonte ás especies migradoras, comprobouse que as anguías poden remontalo. En total, no río Barxas a lonxitude do tramo remontable é de 2950m.
O río Barxas presenta unha forte pendente na desembocadura, limitando ou remonte ás especies migradoras, comprobouse que as anguías poden remontalo. En total, no río Barxas a lonxitude do tramo remontable é de 2950 m.
Os primeiros 740 m de río son remontables por todas as especies; a presenza, a partir deste punto, de varios saltos que superan, por tanto, neste río o límite para o remonte dos peixes está situado a 815 m da desembocadura.
A ictiofauna pode remontar facilmente os primeiros 390 m correspondendo a soamente 2100 m remontables. As especies migradoras só alcanzan o 19.4 % do leito principal.
Na actualidade no río Tea existen 28 obstáculos artificiais:
– 22 son aceas antigas de muíños abandonados ou pequenas barreiras cunha dificultade de remonte baixa para todos os grupos.
– 3 teñen un uso recreativo como praias fluviais (Mondariz-Balneario, O Val II e Praia de Maceira).
– Unha úsase como Estación de Control da Xunta (A Freixa II) e captación de auga de Ponteareas.
– 2 úsanse para a produción de enerxía eléctrica (a presa da central de Engasa e a da central de Maceira).
Todos os obstáculos artificiais atopados no río Tamuxe son presas de muíños ou ben están relacionados co regadío ou co uso recreativo. A maior parte deles non poden ser remontados durante o período de augas baixas, pero si no período de augas altas, co incremento de caudal. A súa apertura ou, segundo o caso, a construción de dispositivos de franqueo non presenta, en xeral, dificultades.
Só 500 m de río son facilmente remontables, despois atopamos tres obstáculos consecutivos cun grao de dificultade moi alta. As especies migradoras poderían alcanzar o 4.5 % do leito principal.
O primeiro obstáculo cunha dificultade de paso para os peixes moi alta atópase a 19 km da desembocadura no Miño. As especies migradoras poderían alcanzar o 67.8 % do leito principal.
Remontable durante 1040 m polas especies migradoras alcanzando o 14.8 % do leito principal.
No río Furnia identificáronse un total de nove obstáculos, que limitan o tramo accesible ás especies migradoras a 3868 m de río.
O primeiro obstáculo atopado está situado a 580 m da desembocadura e presenta unha dificultade moi alta ao paso dos peixes, excepto para a anguía. No caso de que algún exemplar púidoo superar na época de augas altas, 1870 m augas arriba existe outro obstáculo semellante. En total, as especies migradoras poderían alcanzar o 18.8 % do leito principal.
O primeiro obstáculo que atopamos no río Pego é unha presa artificial de formigón utilizada para desviar a auga para regadío. Esta presa está situada a 1.9 km da desembocadura e a dificultade de paso das especies de todos os grupos considérase moi alta.