Plan de traballo

barra-colores

Son catro as actividades principais do proxecto

Actividade 1

Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial

barra-colores
Icon-act_3

Consistirá na eliminación e permeabilización de obstáculos presentes en leitos fluviais de Galicia e Portugal que impiden ou limitan a mobilidade dos peixes migradores. Realizaranse as actuacións nos ríos e tramos nos que a execución logre un maior impacto en beneficio das especies de peixes.

Por quE É necesario?

barra-colores

Na parte estritamente fluvial, na subconca internacional do río Miño coñécese a presenza de 24 especies de peixes pertencentes a 14 familias e repartidas en 18 especies autóctonas, das cales seis son diádromas (incluído o reo), oito anfidromas e cinco residentes (incluíndo a troita residente); e 6 especies alóctonas. O 75 % son autóctonas; entre elas, o 21 % presenta un importante valor de conservación, xa que se corresponden con especies endémicas a nivel peninsular.

Entre estas, as especies migradoras presentes no río Miño son: a lamprea mariña (Petromyzon marinus), o salmón atlántico (Salmo salar), o sábalo (Alosa alosa), a saboga (Alosa fallax) e o reo (Salmo trutta) como especies anádromas e a anguía (Anguilla anguilla) como especie catádroma.

O factor máis determinante á hora de modificar a distribución destes peixes foi, sen dúbida, a construción de barreiras que impiden os movementos de migración do mar cara ao río ou viceversa, esenciais neste tipo de animais. Estas barreiras teñen fundamentalmente un obxectivo de produción de electricidade e regadío, entre outros usos. No ano 1970 terminou a construción do encoro de Frieira, o último construído no leito principal do Miño. A este obstáculo únenselle outros presentes no río para captación de auga, ocio, muíños etc. Isto provoca que a estimación de superficie actual dispoñible para estas especies se corresponda cun 28 % da superficie orixinaria.

Ademais da restrición no seu rango de distribución, prodúcese unha gran redución nas poboacións destas especies, xa que o pouco hábitat dispoñible ten unha capacidade de carga limitada, insuficiente para manter a poboación presente en condicións normais. Recuperar a continuidade fluvial evitando a compartimentación e illamento das poboacións dos diferentes tramos é un dos aspectos imprescindibles para lograr un moi bo estado nestas masas de auga. De maneira semellante, a sucesión de pequenos obstáculos limita a continuidade fluvial, de forma que soamente os individuos que presenten unhas características concretas (estado do ciclo, condición individual etc.) serán capaces de superar un obstáculo determinado e acadar o seguinte tramo fluvial. Como consecuencia, obtemos un efecto acumulativo, de maneira que os obstáculos exercen unha selección sobre a poboación e reducen a densidade dos seus efectivos ao longo do eixe fluvial.

QuE se vaI Facer?

barra-colores

Dado que a continuidade lonxitudinal e lateral dos leitos é un valor natural destes que debe ser conservada, proponse aumentar a accesibilidade dos ríos afluentes do Baixo Miño mediante a eliminación e a permeabilización de obstáculos presentes nos leitos da subconca internacional do río Miño, tanto en Galicia como en Portugal.

Esta actividade estrutúrase en tres accións que son as seguintes:

  • Acción 1. Estudo e selección de obstáculos que se deben eliminar e permeabilizar en ríos tributarios

    Seleccionaranse os obstáculos que poden retirarse e cales, sen poder ser retirados, poden mellorar a súa permeabilidade. Para a súa selección consideraranse aspectos de carácter biolóxico (potencial de mellora na mobilidade das especies obxectivo, calidade do hábitat fluvial, impacto na distribución das especies invasoras etc.).

    No proceso de selección tamén se realizará unha análise da situación administrativa dos obstáculos, co que se fará unha revisión das concesións administrativas que rexen moitos deles e que poderían ser eliminados, o que determinará a súa viabilidade dende o punto de vista administrativo.

    Os traballos de eliminación e/ou permeabilización de obstáculos transversais centraranse en ríos afluentes galegos e portugueses da subconca internacional do Miño. O estudo e a selección de obstáculos centrarase na parte española dos ríos Deva, Caselas, Furnia e Pego prioritariamente. En canto á parte portuguesa, esta acción centrarase nos ríos Coura, Mouro, Gadanha e Veiga da Mira.

  • Acción 2. Deseño e proba de novos dispositivos de franqueo para favorecer o paso de peixes migradores

    A acción consistirá no deseño e a proba duns pasos innovadores para peixes migradores en afluentes do Miño, tanto de Galicia coma de Portugal, que permitan o franqueo das diferentes especies e que estean adaptados e sexan o máis eficientes posible de acordo co obstáculo que hai que superar e o seu impacto ns diferentes etapas do ciclo vital das especies de peixes migradores. Teranse en conta os resultados da acción anterior para a implementación desta acción.

    Baixo esta acción está previsto o deseño e a proba dun dispositivo de franqueo, que será instalado en dúas localizacións, unha en Galicia e outra en Portugal. Aínda que a acción 1 determinará a localización do obstáculo para o cal deseñar e realizar as probas correspondentes de novos dispositivos de franqueo, no caso galego, moi probablemente, deseñarase unha escala permanente de artesas ou fendas verticais na presa da praia fluvial de Arbo (río Deva). No caso portugués, probablemente se implemente na Ribeira da Veiga da Mira, en Valença.

  • Acción 3. Eliminación e permeabilización de obstáculos de leitos fluviais

    Acción consistente na eliminación e a permeabilización dos obstáculos previamente seleccionados na acción 1. Ademais de retirar obstáculos, tamén se realizarán actuacións de permeabilización nos seleccionados que non é posible eliminar. Ademais das escalas, tamén se realizarán outras actuacións complementarias de mellora da permeabilización nas zonas seleccionadas.

Indicadores de resultado

  • 02

    Dispositivos de franqueo para peixes migradores instalados

  • 08

    Obstáculos de leitos fluviais eliminados ou permeables para o paso dos peixes migradores

Entregables

  • Estudio y selección de obstáculos en afluentes gallegos (USC)

 

  • Estudo e selección de obstáculos en afluentes portugueses (CIIMAR)