Territorio de Intervención

barra-colores

A área de intervención do proxecto está formada pola subconca hidrográfica do río Miño, no seu tramo internacional, dende a súa desembocadura ata o encoro de Frieira (Ourense) e os ríos tributarios (afluentes) de Portugal e Galicia no devandito tramo, que acada unha superficie de 1934 km2. O río Miño, nos seus últimos 77 quilómetros de percorrido, dende Melgaço (Portugal) e Crecente (Pontevedra) ata a súa desembocadura, serve de fronteira entre España e Portugal.

Nesta área de intervención inclúense cinco espazos que forman parte da Rede Natura 2000:

Dous en Galicia: ZEC Baixo Miño (ES1140007) e ZEC Río Tea (ES1140006)

Tres en Portugal: Río Miño (PTCON0019), Corno do Bico (PTCON0040) e Estuarios dos Ríos Miño e Coura (PTZPE0001)

A subconca internacional do río Miño comprende uns 1084 km2 na parte galega que se distribúen nos municipios  da Guarda, Mos, O Porriño, Tui, A Cañiza, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, O Covelo, Salceda de Caselas, Tomiño, Oia, O Rosal, As Neves, Arbo e Crecente, todos eles na provincia de Pontevedra, e Padrenda en Ourense. Na parte portuguesa, a subconca comprende uns 850 km2 e esténdese entre os municipios de Caminha, Paredes de Coura, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao y Melgaço.

España

barra-colores

Pola parte galega, os afluentes principais neste tramo son os ríos
Tamuxe, Pego, Louro, Furnia, Tea, Caselas e Deva.

Portugal

barra-colores

No tramo portugués, os afluentes ou tributarios principais son os ríos Mouro, Gadanha, Coura e Trancoso.