Resultados Esperados

barra-colores

Principais Resultados do Proxecto

barra-colores
  • Un conxunto de obstáculos fluviais eliminados ou permeabilizados: demolición de barreiras, pasos piscícolas ou barreira desmontable. Permitirá dar continuidade lonxitudinal e lateral dos leitos, aumentando a accesibilidade dos afluentes do río Miño ás especies de peixes migradores. En liña co primeiro obxectivo específico.
  • Novos dispositivos de franqueo deseñados, testados e instalados en cursos fluviais tributarios da subconca internacional do Miño. Contribuirá á permeabilización de obstáculos para peixes migradores e a fauna en xeral a través de solucións ad-hoc ás condiciones dos obstáculos que limitan a continuidade fluvial.
  • Normas de xestión comúns de pesca fluvial establecidas e acordadas entre as correspondentes autoridades de xestión competentes na materia de Galicia e Portugal. Dáse un paso moi relevante na xestión conxunta dos recursos piscícolas asociados á subconca internacional do río Miño implicando as entidades con competencias na materia.
  • Un plan de voluntariado internacional de apoio ao proxecto. Este produto permitirá concienciar e contribuír a mellorar as presións antrópicas que afectan ao río Miño e os seus tributarios.