Plan de traballo

barra-colores

Son catro as actividades principais do proxecto

Actividade 4

Avaliación do impacto das accións

barra-colores
Icon-act_3

Consiste en valorar o impacto das actividades do proxecto nos parámetros biolóxicos das poboacións de peixes migradores así como tamén en ver como se modifican as condicións dos hábitats fluviais por mor das actuacións do proxecto.

Por quE É necesario?

barra-colores

Cómpre coñecer o impacto que producen as actividades do proxecto na modificación das condicións dos hábitats fluviais, así como nos parámetros biolóxicos dos peixes migradores. Con isto poderase comprobar a efectividade das actividades realizadas e tamén definir aspectos de mellora na estratexia de recuperación do estado de conservación das especies.

QuE se vaI Facer?

barra-colores

No marco desta actividade prevense tres accións complementarias entre si:

Esta actividade estrutúrase en tres accións que son as seguintes:

  • Acción 1. Avaliación do impacto da retirada e a permeabilización de obstáculos

    Esta acción ten como obxectivo determinar a distribución e a densidade dos peixes migradores augas arriba e abaixo antes e despois da retirada de obstáculos e/ou a colocación de elementos de permeabilización. Esta avaliación realizarase nos ríos tributarios de Galicia e do Norte de Portugal onde se poña en marcha a actividade 1.

    Nos ríos tributarios nos que se pretende aumentar a conectividade fluvial diagnosticarase a situación respecto ás poboacións de peixes antes e despois da intervención. En diferentes puntos augas arriba e augas debaixo de cada obstáculo nos que se intervirá, será avaliada a distribución e a densidade das poboacións atopadas, así como as características do sedimento.

    En relación co estudo das poboacións de peixes, analizaranse os datos biométricos e a estrutura de idade das principais especies, entre as que estarán a anguía, a troita e o salmón, entre outras. Para iso realizaranse campañas de pesca eléctrica, método moi eficaz para avaliar, en termos cuantitativos, as poboacións de peixes presentes nos afluentes.

    No que respecta ao sedimento, analizaranse a textura e o teor en materia orgánica. Todos estes parámetros serán comparados entre a situación pre e post intervención nos obstáculos.

  • Acción 2. Seguimento dos parámetros biolóxicos das poboacións de peixes migradores para comprobar a eficacia das medidas

    Este seguimento realizarase fundamentalmente para o seguimento das poboacións de salmónidos (salmón e reo) así como da poboación de anguía, lamprea e sable, fundamentalmente. A avaliación da eficacia das actividades desenvolvidas en favor da conservación das especies (neste caso particular terán especial relevancia as accións levadas a cabo na actividade 3) realizarase a través da marcaxe e o rexistro, por telemetría acústica ou por radio, dalgúns sistemas de franqueo implantados nos obstáculos. Poranse en marcha diferentes técnicas de marcado de exemplares de peixes e recaptura, así como o seguimento acústico e por radio de exemplares. Tamén se realizará o marcado de exemplares de individuos remontantes e descendentes, no seu proceso migratorio ao longo do río Miño e os seus afluentes. A determinación do método que se vai escoller dependerá da especie en cuestión e da fase de desenvolvemento no ciclo de vida.

  • Acción 3. Explotación de resultados

    Faranse unha serie de tarefas orientadas á explotación da información de avaliación dos resultados do proxecto. Realizaranse un seminario transnacional e un simposio ibérico sobre conservación de peixes migradores, un libro bilingüe sobre a importancia cultural e económica dos peixes migradores no río Miño e unha plataforma web xeográfica con información sobre as poboacións de peixes migradores e con información científica sintetizada.

Indicadores de resultado

  • 10

    Especies incluídas no sistema de información común sobre o estado de conservación das especies de peixes

Entregables

  • Inventario inicial de peixes nos cursos fluviais de intervención (Galicia)