POCTEP

barra-colores

O Programa Transfronteirizo INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 foi aprobado pola CE en febreiro de 2015, como continuación do anterior Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, co obxectivo de promover o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal e avanzar na mellora da calidade de vida dos habitantes do espazo de cooperación. Incluído o financiamento nacional, o orzamento ascende a case 383 millóns de euros.

O espazo transfronteirizo inclúe 37 NUTS III pertencentes a ambos os países, de acordo co disposto no programa anterior.

Obxectivos do programa

barra-colores

O POCTEP actúa en cinco grandes ámbitos:

  • Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación
  • Mellorar a excelencia científica en liñas de investigación con potencial para ser competitivas internacionalmente
  • Fomentar a participación empresarial en actividades de I+D+i susceptibles de comercialización
  • Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas
  • Mellorar as condicións para a aparición de novas iniciativas e favorecer a súa sustentabilidade e crecemento
  • Promover a competitividade nos sectores onde destaca o Espazo de Cooperación
  • Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores
  • Promover o aumento de resiliencia territorial para os riscos naturais
  • Protexer o medio natural e promover a eficiencia dos recursos
  • Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural
  • Reforzar o desenvolvemento local sustentable
  • Incrementar a eficiencia no uso de recursos naturais
  • Mellorar a capacidade institucional e a eficiencia da Administración pública
  • Consolidar novas estratexias de diálogo e interrelación para poñer en marcha iniciativas entre os distintos actores que operan na fronteira

Liñas de acción

barra-colores

O programa actúa en catro grandes áreas xerais para a consecución de obxectivos:

  • Investigación, desenvolvemento e innovación
  • Actividades de investigación e innovación, incluída a creación de redes
  • Accións de cooperación entre universidade e empresa
  • Procesos de investigación e innovación en pemes
  • Desenvolvemento empresarial e fomento do emprego de calidade
  • Promoción do espírito emprendedor nas pemes
  • Apoio ás pemes para o desenvolvemento e o emprendemento
  • Creación de empresas
  • Promoción da internacionalización
  • Mobilidade de traballadores, empresas e emprendedores
  • Medio natural e infraestruturas enerxéticas e ecolóxicas
  • Prevención e xestión de riscos ante o cambio climático
  • Fomento do potencial turístico dos espacios naturais
  • Protección e promoción da cultura e do patrimonio cultural
  • Tratamento de residuos domésticos
  • Xestión e conservación da auga potable
  • Prevención e control da contaminación
  • Capacidade institucional das administracións e os servizos públicos

Beneficiarios dO programa

barra-colores

O programa pode beneficiar as seguintes institucións:

Universidades, entidades de ensino superior, centros tecnolóxicos, institutos de investigación, parques científicos e tecnolóxicos, Administracións públicas, empresas, axencias de desenvolvemento rexional, fundacións de desenvolvemento e promoción económica, cámaras de comercio, agrupacións de empresas, asociacións empresariais, servizos de Protección Civil, confederacións hidrográficas, parques naturais e asociacións para a defensa e xestión do patrimonio natural, asociacións e organizacións da sociedade civil.