Durante 2016, entre o 1 e o 23 de agosto, soltáronse nos ríos Mouro, Doura, Gadanha e Lara (ríos portugueses) un total de 175,04 Kg e un número estimado de 69.391 individuos de anguía europea.
Durante 2017, entre o 4 de xullo e o 9 de agosto, soltáronse en 14 xornadas diversos ríos portugueses e españois un total de 998,14 Kg e un número estimado de 190.5601 individuos de anguía europea.
Durante o 2018 non se detectou ningún tipo de movemento de angulones durante a época estival.
Durante o 2019 hanse traslocado un total de 220 kg de anguías no encoro de Frieira. Parte trasladáronse a Portugal en colaboración co ICNF e contouse coa participación da USC no marcado.
Durante xullo do 2020 hanse traslocado un total de 58.300 angulones desde o encoro de Frieira cara aos ríos pertencentes á subcuenca do Tramo Internacional do Río Miño galegos e portugueses situados augas abaixo da presa. Esta última actuación do proxecto permitiu traslocar 1.613 kg de agulones equivalentes a 378.300 exemplares desde o ano 2016 ao 2020.
Durante 2017, soltáronse nos ríos Miño-Tui, Deva, Tea, Miño-Salvaterra un total de 57.765 xuvenís salmón do stock do río Miño criados na piscifacoría de Carballedo.
Por primeira vez, froito da cooperación trasfronteriza grazas ao proxecto Migramiño, soltáronse 5.101 salmóns nun río afluente portugués do Río Miño, en concreto o río Mouro. Ascendendo a 20382 xuvenís de salmón soltados ademais do Mouro, nos ríos Miño e Deva.
No río Deva soltáronse máis de 6.000 xuvenís de salmón para contribuír á repoboación deste antigo río salmonero.
No ano 2020 soltáronse 4.000 xuvenís de salmón no río Deva e 9.000 no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM) do stock reprodutor do río Miño criados na piscifactoría de Carballedo (Pontevedra).
Capturáronse no encoro de Frieira un grupo de 24 sáibaos dos cales foron trasladados 12 ás intalaciones do Aquamuseu en Vilanova de Cerveira.