Estes son os resultados da consulta pública realizada tras o I Foro Transfronteirizo
O I Foro Transfronteirizo foi organizado como un foro técnico e resultou especia...
O proxecto MIGRA MIÑO – MINHO ten como reto principal mellorar a protección e a xestión sustentable do espazo natural de fronteira que conforma a subconca internacional do río Miño, incluíndo os seus afluentes tributarios, e quéreo facer a través dunha mellora das condicións do hábitat fluvial e medidas que melloren o estado de conservación das poboacións de peixes migradores presentes nel.
Na parte estritamente fluvial, na subconca internacional do río Miño coñécese a presenza de 24 especies de peixes pertencentes a 14 familias e repartidas como segue:
18 especies autóctonas: seis diádromas (incluíndo o reo), oito anfídromas e cinco residentes (incluíndo a troita residente); e 6 especies alóctonas.
O 75 % das especies son autóctonas; delas, o 21 % presenta un importante valor de conservación, xa que se corresponden con especies endémicas a nivel peninsular.
O I Foro Transfronteirizo foi organizado como un foro técnico e resultou especia...
A zona de actuación ten unha superficie aproximada de 1.600 m2, aínda que unha v...
Os exemplares remontan o río Miño ata chegar ao encoro de Frieira mediante os af...