Oriéntase para poñer en valor os resultados do proxecto e a realización de accións de divulgación para implicar no mesmo á poboación local e colectivos específicos.
É necesario destacar e dar a coñecer o papel desempeñado polo proxecto Migra Miño-Minho e así, garantir a transparencia da axuda procedente dos Fondos Europeos para a protección e a xestión sostible do espazo natural de fronteira que conforma a subcuenca internacional do río Miño.
No marco desta actividade exponse 2 accións complementarias entre si:
Elaboración dun plan de comunicación, así como da estratexia de divulgación e sensibilización dos colectivos obxectivos do proxecto. Inclúese nesta acción tamén a súa implementación, onde se prevén polo menos as seguintes tarefas:
Prevese a realización dunha xornada de lanzamento do proxecto onde se dará a coñecer o alcance do proxecto, os seus obxectivos e actividades así como unha xornada de peche do proxecto para dar a coñecer os resultados alcanzados. En ambas participarán o conxunto de socios do proxecto e celebraranse en Galicia e o Norte de Portugal.