Migramiño-Minho presente no VIII Congreso Ibérico de Ictioloxía

Migramiño-Minho presente no VIII Congreso Ibérico de Ictioloxía

Desenvolvemento do Proxecto Interreg Migramiño-Minho (2016-2020): Conservación e Mellora dos
Peixes Migradores e o seu Hábitat no Tramo Internacional do Río Miño e afluentes

Pablo Caballero Javierre1, Rufino Vieira-Lanero2, Sandra Barca2 & Fernando Cobo2,3,4

1 Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra. Xunta de Galicia
(pablo.caballero.javierre@xunta.gal)
2 Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”, Universidade de Santiago de Compostela,
Castroagudín s/n, 36617 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
3 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Facultade de Bioloxía, Universidade
de Santiago de Compostela. Campus Vida s/n, 15782 Santiago de Compostela
4 CRETUS Institute, Cross-Research in Environmental Technologies, University of Santiago de
Compostela. 15782 Santiago de Compostela

 

Este proxecto ten como finalidade a protección e conservación do hábitat fluvial da conca do río Miño no tramo internacional (desde a presa de Frieira ata a súa desembocadura no Océano Atlántico en Caminha-A Guarda) a través de actuacións de mellora do estado de conservación das especies de peixes migradores presentes neste tramo baixo do Miño e os seus afluentes.

Neste proxecto participan 7 institucións, tres por parte de Galicia ( DXPN-Xunta, EHEC-USC, CH Miño-SIL) e catro por parte de Portugal ( ICNF, CIIMAR, APA e CM Vilanova de Cerveira). Actúase sobre 6 especies de peixes diádromos, 5 anádromas (salmón, Salmo salar, lamprea mariña, Petromyzon marinus, sáibao Alosa alosa, saboga Alosa fallax, e o reo, Salmo trutta) e unha catádroma (a anguía europea, Anguilla anguilla), en 4 grandes actividades:

  1. Incremento da accesibilidade fluvial
  2. Mitigación de presións
  3. Reforzo e mellora das poboacións de peces
  4. Avaliación do impacto das actuacións.

 

Ata o momento obtivéronse os seguintes resultados en cada actividade:

  1. Incrementouse a accesibilidade mediante a derriba de 6 obstáculos e instalación dun dispositivo de franqueo innovador nun obstáculo.
  2. Propuxéronse unhas normas comúns de xestión de pesca fluvial para o Tramo Internacional do Río Miño ( TIRM) e afluentes, realizadas entre os socios do proxecto e as Armadas portuguesa e española.O CIIMAR e a EHEC-USC elaboraron informes sobre as presións de orixe antrópico. -Restauráronse 5 ha de superficie de bosque de ribeira para a mellora da calidade do hábitat fluvial do río Tea. 3) Mediante o Plan de translocación de anguías a ríos tributarios de ambos os lados do TIRM, soltouse case 1.5 toneladas de angulones nos anos 2016, 2017 e 2019. -Creouse un stock reprodutor de salmón procedente do río Miño e soltáronse 113 mil xuvenís en afluentes de ambos os países en 2017, 2018 e 2019 –Realizouse un estudo das potencialidades para a reprodución en catividade do sáibao.
  3. A EHEC-USC e o CIIMAR realizaron inventarios de peces fluviais e informes sobre o seguimento de parámetros biolóxicos en afluentes das dúas marxes.

 

 

El Proyecto Interreg Migramiño-Minho está cofinanciado al 75% por el Programa Interreg V-A POCTEP a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) de la Unión Europea.