
20 Xan MigraMiño comienza con los trabajo de recuperación de ribera del río Tea
A Xunta de Galicia adxudicou o servizo de rexeneración do bosque de ribeira, eliminación de vexetación alóctona invasora e consolidación das marxes da Zona de Especial Conservación (ZEC) do río Tea a Properdis, Empresa de Inserción Laboral S.L.
Esta licitación estaba reservada de xeito específico a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción laboral, polo que a Consellería quere apoiar a igualdade de oportunidades a colectivos desfavorecidos.
A realización desta actividade permitirá a recuperación ambiental de máis de 1,5 km da ribeira do Tea, afluente no que se reproducen diversas especies fluviais, como é o salmón. Está prevista a plantación de bosque de ribeira con frondosas autóctonas e a eliminación de especies arbóreas alóctonas.
Trátase dunha actuación contemplada no proxecto de cooperación transfronteiriza Migramiño-minho, que ten como obxectivo a protección e conservación do hábitat fluvial do Baixo Miño e así contribuír a mellora das especies migradoras como son o salmón, a lamprea ou a anguía. Está cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A previsión é que estes traballos comecen a mediados de decembro. Con todo, o groso das actuacións desenvolveranse nos primeiros meses do 2020, posto que é a época máis axeitada para poder realizar as tarefas de plantación.
As actuacións xa comezaron neste mes de xaneiro coa previsión de que, o groso das actuacións desenvólvanse nos sucesivos meses do 2020, debido a que é a época máis acomodada para poder realizar as tarefas de plantación.