Medio Ambiente investirá 41.000 euros na reforma da estación de captura da Freixa

Medio Ambiente investirá 41.000 euros na reforma da estación de captura da Freixa

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investirá 41.467,38 euros na execución da reforma da Estación de Captura de Peixes da Freixa, en Ponteareas (Pontevedra). A actuación, adxudicada o mes pasado e actualmente xa en execución, permitirá acometer unha serie de traballos de mellora nas instalacións para poder continuar co seu labor de seguimento e estudo da evolución das peixes migradores que transitan cada ano por ese punto do río Tea.

O río Tea o afluente máis importante da marxe española do Tramo Internacional do Río Miño e o único, xunto ao río Mouro en Portugal, que alberga poboacións de salmón. Por esta razón, as instalacións localizadas na Freixa conta con diversos dispositivos que permiten a captura das especies migradoras de subida -cunha trampa na escala de remonte- e de baixada -cunha trampa na canle-.

Esta estación empezou a operar no ano 1996 e desde entón, recolle información dos peixes que transitan por este punto, levando a cabo un seguimento das poboacións de distintas especies migradoras (salmóns, reos, lampreas, anguías, etc) e estudando as repoboacións realizadas neste río.

O labor de control das poboacións de peixes migradores que vén levando a cabo na Freixa é de gran importancia, debido a que se trata da única instalación da conca do río Miño que permite estudar e analizar a evolución de diversas especies tales como o salmón atlántico, o reo ou a troita de mar, a saboga, a lamprea mariña e a anguía europea, algunha delas incluídas nos Anexos II e V da Directiva 92/43/CEE de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.

Grazas a estas actuacións mellorarase o seguimento das especies migradoras no tramo do río Tea pertencentes á Acción 2 “Seguimento dos parámetros biolóxicos das poboacións de peixes migradoras para comprobar a eficacia das medidas” enmarcado dentro da Actividade 4 “Avaliación do impacto das accións”.

Estas obras se encuentran cofinanciadas en un 75% por la Unión Europea a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), concretamente, del programa INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL 2014-2020.

Fonte: Xunta de Galicia