en marcha a reprodución artificial do stock de salmón do río miño

en marcha a reprodución artificial do stock de salmón do río miño

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural realizaron na piscifactoría de Carballedo, en Cerdedo – Cotobade (Pontevedra) a desova artificial de salmón atlántico do río Miño.

Durante o mes de xaneiro hanse desovado un total de 3 exemplares procedentes Miño, dos que se espera obter un total de 15,000 crías, aínda que aínda quedan unhas 3 ou 4 femias do Miño máis por desovar que poderían producir uns 30 ou 40.000 xuvenís.

Ao longo do 2018, espérase poder facer soltas en afluentes do Baixo Miño de Galicia e Portugal de máis de 20.0000 preesguines. Trátase dunha acción contemplada no proxecto POCTEP Migramiño para reforzar a poboación local de salmón no río Miño, concretamente encadrada nunha das accións da actividade 3, “Creación dun stock reprodutor de salmón procedente do río Miño”.

O Xefe de Servizo de Conservación da Natureza en Pontevedra e  responsable do Proxecto Migramiño, Pablo Caballero, explicou aos medios como é a orixe do proceso de repoboación do salmón, que ten lugar nestas instalacións da Xunta.

A partir dun stock reprodutor formado por exemplares adultos que se capturan no seu remonte invernal dos ríos, chegado o momento preciso e baixo unhas condicións nas que non se produce ningún dano aos salmóns extráense de media unhas 1.700 huevas por Kg, o que supón unha media duns 7.500 ovos por femia. Tras extraer o esperma do macho prodúcese a fecundación artificial que é monitorada e controlada na Estación de Carballedo.

As crías de salmón comezan a nacer aos 50 días e aínda pasarán un ou dous anos antes de que migren ao mar, onde completarán o seu crecemento. Se sobreviven, regresarán ao río, ao cabo de 2 anos de vida mariña, e reproduciranse no mesmo lugar onde se soltaron, perpetuando de novo esta especie no río Miño.

A Televisión de Galicia realizou unha reportaxe de o  proceso levado a cabo, que se pode consultar na seguinte ligazón:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-59-2