Coñeces como se capturan os reprodutores no río Miño?

Coñeces como se capturan os reprodutores no río Miño?

No Miño, existen 2 estacións de captura A Freixa no río Tea e Frieira no curso principal. A estación de Frieira é a que, na actualidade, nutre de reprodutores ao programa de mellora de poboacións de salmón do río Miño dentro do proxecto Migramiño. Comezou a traballar en 2011 e consiste nunha escala de peixes situada na marxe dereita de hendiduras verticais que conduce aos peixes a unha gaiola que se eleva ata depositar os peixes nun tanque cuadrangular de poliéster reforzado con fibra de vidro (PRFV) de 5.000 litros de volume.

En épocas predeterminadas (Primavera-inicio do verán ou outono-inicio do inverno) a escala de Frieira son examinados periodicamente e cando se capturan reprodutores son seleccionados para o seu traslado nun vehículo deseñado para o efecto ata a piscifactoría de Carballedo (Cotobade-Pontevedra) xestionada polo Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra @de la Xunta de Galicia. Estas estacións de captura deben ser controladas regularmente para escoller os reprodutores adecuados para o programa de repoboación de cada río que son trasladados á piscifactoría onde  levará a cabo o resto do proceso. A captura de reprodutores depende das condicións de caudal augas debaixo da presa de Frieira, así a escala de captura pode ter suficiente chamada ou non para capturar estes peixes no seu intento de remonte.

No ano 2016 capturáronse 23 exemplares, en  2017 capturáronse 3 reprodutores e en 2018 capturáronse 19, estes datos atópanse recollidos no Informe Intermedio sobre a creación dun stock reprodutor de salmón no río Miño”, enmarcada dentro da Actividade 3 “Reforzo  e mellora das poboacións de peixes migradores”.