Comeza o remonte das anguías polo río Miño!

Comeza o remonte das anguías polo río Miño!

O proxecto Migramiño contempla na súa actividade 3 o “Reforzo e mellora das poboacións de peces migradores”das actuacións contempladas dentro do Proxecto Migra Miño-Minho. Así, a acción 1 prevé un Plan de traslocación de anguía do encoro de Frieira a ríos tributarios do baixo Miño que beneficie tanto a ríos tributarios de Galicia como de Portugal.

Durante o mes de xuño, os membros de a Estación de Hidrobioloxía ” Encoro do Con” – EHEC- en colaboración con a Xunta de Galicia recolleron e marcaron os primeiros exemplares de anguías que chegaron ata o encoro de Frieira.

Dentro do Plan de Traslocación das anguías acumuladas a pé de presa en A  Frieira debido á imposibilidade de remonte de este obstáculo, o equipo da EHEC-USC encargouse de marcar máis de oitocentos exemplares que foron liberados na parte alta do río Tea, augas arriba da estación de captura da Freixa, nunha zona con saída franca ao río Miño. Realizouse un marcado dobre de cada anguía, con elastómero visible na parte ventral e con micromarca magnética (Coded Wired Tag) na zona dorsal, de modo que cando sexan capturadas na Freixa durante o seu descenso migratorio ao mar poidan ser identificadas polos operarios da mesma e desta forma facer un seguimento destes exemplares e coñecer o grao de éxito destas actuacións.

Con esta acción increméntase a taxa de supervivencia dos alevíns de anguía e contribúese a aumentar a densidade poboacional da especie na subacía do tramo internacional do río Miño, dando cumprimento ás medidas para a recuperación da poboación da anguía europea aprobada polo Consello de Ministros Europeo (EC No 1100/2007).

“Este proyecto está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través del Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020″