Xornadas divulgativas sobre Migra-Miño

Xornadas divulgativas sobre Migra-Miño

Dentro das actividades contempladas no marco do Proxecto Migra Miño- Minho, unha delas é a celebración de xornadas divulgativas por parte dos socios para informar sobre o estado actual das poboacións de peixes migradores presentes en Galicia como en Portugal.

Durante estes meses, realizáronse diferentes actuacións, entre as que destacamos:

  • Xornada Mundial dos Peixes Migradores, organizada polos membros da Estación de Hidrobioloxía “ Encoro do Con” (Universidade de Santiago de Compostela), a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e o Aquamuseu do Rio Minho de Vila Nova de Cerveira. Nesta sesión, deuse a coñecer a situación actual á que se enfrontan as poboacións de peces migradores no río Miño como nos seus afluentes.
  • Festa dos peixes migradores, organizada pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, onde destacaron a importancia ecolóxica e cultural que se atopa asociada ás poboacións dos peixes migradores.
  • Mostraxes piscícolas xunto ás “Colonias de Vacacións da Institución Libre de Ensino”. O equipo da Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” ( EHEC) , liderada por Fernando Cobo, foi a encargada de explicar aos máis pequenos as técnicas que se empregan para realizar os estudos necesarios para o control das especies migradoras obxecto do Proxecto Migra-Miño.

Pódense ver todas as fotos destas xornadas na seguinte ligazón: https://www.flickr.com/photos/138760876@N04/collections/72157697324856262/