02 Mai Un proxecto estratéxico xa iniciado
O río Miño, concretamente é a súa conca baixa, é un dos espazos naturais máis importantes que comparten España e Portugal. Ademais de formar parte da Rede Natura 2000, é unha área singular, cunha gran diversidade ecolóxica que ademais é o hábitat de diferentes especies de peces migradores cunha gran tradición local e sobre a que se sustenta un alicerce moi importante da economía social.
Durante o período de programación POCTEP 2007-2013 levou a cabo o proxecto “Natura Miño-Minho, Programa de valorización dos recursos naturais da conca hidrográfica do Miño-Minho” liderado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.
Grazas a este proxecto alcanzouse un elevado coñecemento da conca do río, tanto desde o punto de vista territorial, como do estado de conservación dos hábitats fluviais e especies acuáticas chegando á definición de estratexias comúns a ambos os dous lados da fronteira para a coordinación de accións de protección das augas e o seu uso sustentable.
O proxecto MigraMiño apoiarase nos resultados alcanzados para poñer en marcha actuacións sobre o terreo que incidan positivamente no estado de conservación dos hábitats fluviais da conca baixa do río Miño e máis concretamente nas especies de peixes migradores.