Salmo trutta: Unha especie esixente

Salmo trutta: Unha especie esixente

O salmón atlántico é unha das especies máis esixentes coa calidade do medio no que vive. Sempre se considerou que a presenza de poboacións estables desta especie nun río é un síntoma do bo estado de conservación global da conca. Require augas ben osixenadas e apenas tolera a contaminación de calquera tipo. Cando un río contamínase, unha das primeiras especies que desaparece é o salmón. Este tamén é moi sensible á temperatura da auga, por encima de 22 º C as súas condicións de vida reséntense e temperaturas superiores a 25 º C adoitan ser letais.

Nos meses de reprodución as augas han de ser frías; con temperaturas superiores a 11,5 º C se inhibe a maduración das femias. Pola súa latitude, o clima da Península Ibérica é bastante temperado; os veráns son calorosos e os tramos baixos dos ríos superan con frecuencia os 22 º C. Este aspecto constitúe un factor limitante para o salmón e por iso os ríos ibéricos forman o extremo sur da área de distribución da especie.

A conservación da estrutura do hábitat fluvial e do estuario é de vital importancia para o desenvolvemento dos salmóns. Que exista unha boa relación entre pozos de estabulación de adultos, graveras e áreas de freza e rápidos de produción de xuvenís, é crucial para que a especie poida pechar o seu ciclo de vida. A continuidade fluvial é esencial para garantir a liberdade de desprazamentos do salmón e, por extensión, de todas as especies migratorias.

No proxecto Migra Miño- Minho defínense aqueles obstáculos naturais que limitan a área de distribución do salmón na conca. Os artificiais impiden o acceso a hábitats potenciais para a especie, reducindo a súa presenza ás zonas máis baixas das concas, onde en xeral están as peores áreas de freza e produción de xuvenís. Desta forma, favorécese a recuperación e conservación das poboacións de Salmo trutta tratándose dunha das especies crave que permite medir o bo estado ecolóxico de ríos en cumprimento dos obxectivos ambientais da Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE).

Poden ver a galería fotográfica do marcado acústico de esguines de salmón realizado no río Tea:
https://www.flickr.com/photos/138760876@N04/albums/72157697362399512