Por que é necesario mitigar presións na bacía do Miño?

Por que é necesario mitigar presións na bacía do Miño?

As presións de orixe antrópico como a construción de presas, e unha mala regulación pesqueira pódense identificar como os principais factores que seguen afectando os peixes migradores. Con todo hai outras presións que soporta o hábitat fluvial do río Miño que tamén inciden negativamente: as verteduras aos leitos fluviais, as extraccións de auga, o uso recreativo das masas de auga, as variacións de caudal por efecto da presa de Frieira ou as alteracións da vexetación ripícola por exemplo.

Dentro da actividade 2 “Mitigación de presións”, o proxecto contemplou  as seguintes actuacións:

  1. Inventario de presións que afectan os peixes migradores, da subacía internacional do Miño: Realízase no tramo internacional do río Miño e nos ríos tributarios das presións que afectan os peixes migradores: verteduras, contaminación difusa, extraccións de auga, uso recreativo, pesca fluvial e variacións de caudal fundamentalmente. Isto permite analizar os efectos das taxas de cambio e outros usos da auga na distribución dos peixes migradores nos afluentes do río Miño.
  2. Definición de medidas de xestión comúns da pesca fluvial e asesoramento técnico a autoridades e colectivos en pesca e xestión: Necesidade de criterios comúns entre España e Portugal en materia de xestión piscícola para xestionar de forma eficaz  a pesca a ambos os dous lados da fronteira.Isto é posible grazas ás accións de divulgación, encontros e reunións para dar a coñecer as medidas ás autoridades competentes e aos colectivos de pesca.
  3. Mellora da vexetación ripícola de cursos fluviais como no caso do río Tea: Revegetación en tramos da ribeira carentes de vexetación e accións de mellora do bosque ripícola, que repercute na mellora do hábitat fluvial.