Migramiño liberou preto de 50 quilómetros de hábitat fluvial

Migramiño liberou preto de 50 quilómetros de hábitat fluvial

Un dos propósitos de Migramiño consiste en facer os ríos máis libres, e con este obxectivo en mente, as actividades do proxecto lograron habilitar preto de 50 quilómetros de hábitat fluvial dispoñible. Grazas á permeabilización e á eliminación de 12 obstáculos, pasouse de 6,7 a 47,6 quilómetros de hábitat para peces migradores.

Os ríos que se viron beneficiados son o río Furnia, o río Caselas, o río Deva, o río Gadanha e o río Mouro. Os tres primeiros pertencen a Galicia e os dous últimos son portugueses, un dato que remarca o carácter transfronteirizo do proxecto.