Migramiño en el workshop WGDAM (ICES)

Migramiño en el workshop WGDAM (ICES)

A EHEC presentou o proxecto MIGRAMIÑO- MINHO (Interreg España-Portugal) no workshop do WGDAM (Working Group On Data Poor Diadromous Fish) que se esta celebrando en Copenague (Dinamarca) nas dependencias do ICES ( International Council for the Exploration of the Sexa), do 12 ao 16 de marzo.

A constitución deste grupo de traballo no ano 2015 foi unha iniciativa do Comité de Peces Diádromos do ICES, que desde o 2005 traballa no estudo destas especies das cales consideran que, salvo do salmón atlántico, tense pouca información.

Principalmente, os obxectivos que persegue a creación este grupo de traballo son actualizar a base de datos con información sobre os peixes diádromos, baseados nas investigacións máis recentes, producir un patrón de ameazas e medidas de mitigación efectivas e proporcionar unha visión xeral da actual supervisión dos peixes diádromos, con recomendacións para o seguimento no futuro.