Migra Miño-Minho e o seu Plan de Traslocación da Anguía

Migra Miño-Minho e o seu Plan de Traslocación da Anguía

Durante os anos 2016, 2017 e 2019 realizáronse actuacións de reforzo da poboación de anguía, mediante a traslocación de exemplares de angulones que no seu proceso de migración anual desde o mar entran no río Miño e atópanse coa barreira infranqueable da presa de Frieiras en Ourense a 77 km. da súa desembocadura. De acordo co ciclo vital desta especie, o obxectivo dos angulones é remontar o río e os seus afluentes para ocupar o espazo que proporciona o hábitat fluvial para desenvolverse durante varios anos nos ríos do Baixo Miño. Aqueles angulones que se topan coa barreira da presa de Frieira morren no lugar se non son trasladadas.

Grazas ao proxecto Migraminho iniciouse unha actividade de colaboración entre o ICNF – Instituto de Conservaçao dá Natureza e Forestas de Portugal e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia para favorecer o traslado dos exemplares capturados a pé de encoro a ríos afluentes do Baixo Miño para que desta forma non perezan na presa e poidan desenvolverse en hábitats idóneos que lles permita o seu desenvolvemento en ríos con conectividade total para o seu desprazamento co mar para posibilitar o seu retorno en estado adulto para a súa reprodución. Trátase dunha actuación situada na actividade 3 do proxecto (reforzo e mellora das poboacións de peces migradores). Desta maneira mellórase o hábitat fluvial dos ríos nos que se produce a solta alcanzando ata o momento os 1393 quilos de anguías.

Fonte: Migra Miño-Minho