Mellora da protección e xestión sustentable do Tramo Internacional do río Miño

Mellora da protección e xestión sustentable do Tramo Internacional do río Miño

O proxecto Migra Miño – Minho expón como reto principal mellorar a protección e a xestión sustentable do espazo natural de fronteira que conforma o tramo internacional do río Miño (TIRM), incluíndo os seus afluentes tributarios, a través dunha mellora das condicións do hábitat fluvial e medidas que melloren o estado de conservación das poboacións de peixes migradores presentes no mesmo. Desta maneira os retos do proxecto son:

1. Mellorar o estado de conservación do hábitat fluvial da conca do río Miño no seu tramo internacional a partir dun plan de intervención conxunta que contribúa á mellora das poboacións de peixes migradores.
2. Articular medidas de xestión conxunta de pesca fluvial na conca do río Miño no seu tramo internacional.
3. Reforzar e mellorar o estado de conservación das poboacións dos peixes migradores no río Miño.
4. Avaliar obxectivamente o impacto das estratexias conxuntas implementadas para a mellora do estado de conservación do hábitat e das especies de peces migradores na conca internacional do río Miño.

Para alcanzar estes obxectivos levarán a cabo diversas actuacións, entre as que destacan a eliminación ou permeabilización de obstáculos en afluentes do río Miño. Para unha correcta avaliación da eficacia destas medidas débese realizar un inventario e estudo poboacional das especies de peces presentes nos ríos de estudo antes e despois de cada intervención. Parte destes traballos foron realizados nas campañas de mostraxes levadas a cabo no verán de 2017 por parte dos socios.