Lampreas, os vampiros do ecosistema fluvial

Lampreas, os vampiros do ecosistema fluvial

Chupadores de pedras, así se podería traducir o nome xenérico da nosa lamprea de mar, Petromyzon marinus Linnaeus, 1758, do latin petra (pedra) e do grego myzon (chupar). As lampreas están entre os vertebrados máis antigos que viven aínda na Terra e que nos axudan a comprender a evolución deste grupo. As súas orixes estímanse fai case 500 millóns de anos atrás e a súa diferenza principal co resto dos vertebrados é que non presentan mandíbulas, no seu lugar presentan unha boca circular semellante a unha ventosa, razón á que deben tamén o nome de ciclóstomos (do grego kyklos, círculo e stoma, boca), característica que comparten cos mixines.

Entre os seus outras características antigas está a presenza dun esqueleto cartilaginoso e a presenza de sete pares de hendiduras branquiais. Poden existir exemplares de máis dun metro de lonxitude.

As lampreas aliméntanse doutros peixes nunha conduta que se considera parasitaria. Coa súa estraña boca circular repleta de agudos dentes e a súa lingua, que é moi áspera, as lampreas adhírense á pel llos peixes, o seu principal alimento, e succionan o seu sangue e demais líquidos corporais de forma tan voraz, que son capaces de deixar ao peixe practicamente seco, provocando a súa morte en poucas horas. Se o peixe é moi grande, cando se fixan poden estar aí durante días ou semanas ata saciar a súa fame.

Esta notable capacidade de habitar nunha ampla gama de ecosistemas acuáticos e de explotar diferentes especies de hospedadores podería favorecer a capacidade de dispersión e o éxito evolutivo da lamprea mariña.

Petromyzon marinus é unha das especies obxectivo do POCTEP MigraMiño  polo cal se pretende conseguir unha mellora en canto ás poboacións de peces migradores no hábitat fluvial dos ríos tributarios do Miño.