A DXPN trasloca 220 kg de anguías durante a época estival

A DXPN trasloca 220 kg de anguías durante a época estival

O proxecto Migra Miño- Minho  está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e ten como principal obxectivo a protección e conservación do hábitat fluvial da subcuenca internacional do río Miño.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN), dependente da Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto de Conservaçao dá Natureza e dás Forestas (ICNF) do Goberno portugués atópanse executando o “Plan de   traslocación da anguía” que se enmarca dentro da acción 1, actividade 3 “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”.

A presa de Frieira é o primeiro obstáculo infranqueable que se atopan as poboacións de especies migratorias cando remontan polo río Miño para desovar desde o seu lugar de reprodución no Mar dos Sargazos. Desde o 2010 a presa conta cunha estación de captura de peixes na marxe dereita da presa, as poboacións piscícolas unha vez que chegan á escala de fenda vertical conseguen remontar ata unha plataforma que os eleva a un nivel onde poden ser dirixidos a un tanque de poliéster, desde aí os peixes poden ser transportados grazas a uns vehículos acondicionados ata os ríos tributarios do Tramo Internacional do Río Miño (TIRM) para proceder á súa solta.

Na época estival do ano 2019 realizáronse soltas de 220 Kg de anguías no encoro de Frieira, parte destas trasladáronse a Portugal en colaboración co ICNF e contouse coa participación da USC no marcado de parte das anguías para posteriormente poder realizar o estudo do seguimento de exemplares, conforme ao previsto na actividade 4 “Avaliación do impacto das actuacións”.

Podes consultar os resultados alcanzados correspondente  a as “Actividades de reforzo e mellora das poboacións de peces migradores” en esta ligazón.

Consulta o proceso de traslocación mediante este vídeo.