A DXPN solta 10.000 pintos de outono no río Deva

A DXPN solta 10.000 pintos de outono no río Deva

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural ( DXPN) comezou unha das tres soltas programadas para potenciar a repoboación natural de salmón atlántico no río Deva. Durante esta xornada soltáronse 10.000 pintos de outono procedentes da Piscifactoría de Carballedo.

Esta actividade enmárcase no proxecto Migramiño, do programa Poctep, financiado con fondos europeos Feder e que cun orzamento de 2,1 millóns de euros pretende mellorar a conservación do salmón atlántico no tramo internacional do Miño.