Monitoreo do Plan de traslocación da anguía durante o período 2016 a 2018

Monitoreo do Plan de traslocación da anguía durante o período 2016 a 2018

O proxecto Migra Miño- Minho  está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e ten como principal obxectivo a protección e conservación do hábitat fluvial da subcuenca internacional do río Miño.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN), dependente da Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto de Conservaçao dá Natureza e dás Forestas (ICNF) do Goberno portugués atópanse executando o “Plan de traslocación da anguía” que se enmarca dentro da acción 1, actividade 3 “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”.

A presa de Frieira é o primeiro obstáculo infranqueable que se atopan as poboacións de especies migratorias cando remontan polo río Miño para desovar desde o seu lugar de reprodución no Mar dos Sargazos. Dende o 2010 a presa conta cunha estación de captura de peixes na marxe dereita da presa, as poboacións piscícolas unha vez que chegan á escala de hendidura vertical conseguen remontar ata unha plataforma que os eleva a un nivel onde poden ser dirixidos a un tanque de poliéster, dende aí os peixes poden ser transportados grazas a uns vehículos acondicionados ata os ríos tributarios do Tramo Internacional do Río Miño (TIRM) para proceder á súa solta.

Durante o mes de agosto do 2016 foron soltados 175,04 Kg e 69.391 individuos nas subcuencas dos ríos Mouro, Gadanha e Lara, todos tributarios do TIRM. Todas estas anguías (Anguilla anguilla) capturadas foron soltadas en 14.580 m2 de superficie fluvial supoñendo unha densidade media de 1.2 Kg de anguía por cada 100 m2.

Na época estival do ano 2017 realizáronse soltas de case unha tonelada e algo máis de 190 mil individuos de anguía europea en 122 puntos (60.140 m2 de superficie fluvial), isto supón unha densidade media de 1,7 Kg de anguía por cada 100 m2 nas 13 subcuencas do TIRM.

Co propósito de reducir a mortaldade destas especies as accións de traslocación dos técnicos continuaron realizándose durante os meses de xullo e agosto deste ano. Os resultados obtidos non foron os esperados, debido a que non se puido rexistrar ningún remonte das poboacións de angulones ata o encoro de Frieira, tratándose dunha circunstancia excepcional dende que se comezaron a datar os procesos de migración nesta presa dende o ano 2011.

Grazas á execución do proxecto ata 2020 poderanse seguir implantando medidas  correspondentes para favorecer a especies migratorias a que completen o seu ciclo vital e conseguir así aumentar a taxa de supervivencia destas poboacións na subcuenca internacional do río Miño.

Podes consultar os informes correspondente  ás“Actividades de reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores” neste enlace. Ademais, documentouse un dos días de traslocación mediante este vídeo.