O Salmón Atlántico no Río Miño – unha ponte, non unha fronteira – 2ª Solta en Tui do Proxecto

O Salmón Atlántico no Río Miño – unha ponte, non unha fronteira – 2ª Solta en Tui do Proxecto

O pasado día 24 de maio, no marco do Proxecto Migramiño-Minho, realizouse a segunda repoboación de salmón Atántico. En concreto se soltararon ao redor de 7.000 xuvenís de salmón no río Miño na Comandancia Naval de Tui as 11:00 da destreza, hora española. Os pais dos xuvenís soltados son reprodutores de salmón capturados na Presa de Frieira, primeiro obstáculo infranqueable para as especies migradoras no río Miño.

Tras o seu traslado no outono á Piscifactoría de Carballedo (Cotobade-Pontevedra), a inicios do inverno estes son reproducidos artificialmente e a súa descendencia é criada ata as diferentes épocas de solta (verán, outono ou a seguinte primavera). O obxectivo destas prácticas non é outro que, reforzar a poboación de salmón do río Miño, e desta forma favorecer a seu desenvolvemento cara o futuro.

Este ano, para celebrar o Ano Internacional do salmón(https:// yearofthesalmon. org), convidouse a colexios de Tui (Galicia) e Valença (Portugal) a participar nesta iniciativa. Xuntos van unha vez máis a aprender que o futuro do río Miño está nas súas mans.

Os nenos de ambos os lados da fronteira, aprenderon que o ecosistema fluvial xunto con a protección dos seus recursos dependen de cada un de nós, desta forma poderase conseguir asegurar ao longo do tempo a perpetuación destas especies migradoras ademais de estar dispoñibles para as xeracións próximas .

Este evento organizouse pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural xunto cos seus socios do Migramiño e supervisado polas autoridades navais de Portugal e España (Capitania do Porto de Caminha e Comandancia Naval do Miño).

 2ª Solta de Salmóns no río Miño-Galería