07 Xan O río Tea recuperará con frondosas o seu bosque de ribeira en 15 quilómetros
Recuperar a vexetación propia das marxes do río Tea ao longo de 15 quilómetros, os que separan Salvaterra e Ponteareas polo río, é a pretensión da actuación prevista pola Consellería de Medio Ambiente para inicios de 2020 e que está valorada en máis de 50.000 euros.
Os traballos previstos permitirán conservar e recuperar as árbores de primeira liña das marxes do Tea e consolidalas mediante a plantación de salgueiros e frondosas. Ao mesmo tempo, eliminaranse especies alóctonas (invasoras); principalmente falsa acacia, arce con follas de freixo, ailanto, mimosa e bambú xigante. Por último, efectuaranse traballos para a retención de derribas ou desprendementos de noiros que se puideron ver afectados polas crecidas.
Por tanto está considerada unha acción que mellorará a protección e a xestión sustentable dun espazo natural de fronteira con Portugal de alto valor ecolóxico e que conta con espazos incluídos na Rede Natura 2000.
Fonte: Faro de Vigo

