Coñece as obras de Migramiño no río Deva

Coñece as obras de Migramiño no río Deva

O proxecto Migramiño está a levar a cabo actuacións na subbacia internacional do río Miño e os seus afluentes tributarios, co obxectivo de mellorar o estado de conservación das poboacións de peixes migradores. O río Deva é un dos ríos onde se toman estas medidas. Queres coñecer todo o que está a lograr Migramiño nel?

Procederase ao levantamento topográfico da zona, á roza e desarbolado da zona de emprazamento dos elementos construtivos, ao movemento de terras para acondicionar o terreo e eliminación de lodos e sedimentos no interior da presa na zona de actuación, á construción da escala mediante formigón armado, á montaxe das estruturas metálicas da escala, á montaxe da comporta augas arriba da escala, á instalación de acometida eléctrica ata a escala para alimentar aos contadores de peixes instalados na primeira e última balsa da escala e á instalación de contadores de peixes baseados en antenas detectoras PIT TAG.

A zona de actuación ten unha superficie aproximada de 1.600 m2, aínda que unha vez terminadas as obras a superficie ocupada polas instalacións é de 300 m2.

A rede fluvial

Desde Frieira, o Miño vai lixeiramente encaixado facendo límite con Portugal e sendo aproveitado o seu curso con instalacións de pesqueiras de lampreas ata a altura de Arbo. Recibe pola dereita o pequeno regacho de Ribadil, que nace no alto do monte Carqueixal a 560 m, e despois de 12 km de percorrido bótase no Miño por Santa María de Ribeira. Pouco máis abaixo e tamén pola marxe dereita recibe o río Deva, o primeiro dos afluentes que dan nome a esta comarca, nace en Teso de Deva a 800 m de altitude, corre a favor dunha fractura N/ S e ao sur da Cañiza salva con certa brusquidade o nivel dos 500 m en fortes ramplas do 18% de pendente para botarse nun fondo de val que percorre mansamente, camiñando sobre os propios aluvións, drena unha comarca de 92,3 km2 e vai ao Miño despois de 21km de lonxitude.