As especies migratorias xa circulan libres polo río Furnia

As especies migratorias xa circulan libres polo río Furnia

A presenza de diversos obstáculos ao longo do río Furnia (Salvaterra de Miño) supoñía un impedimento para a libre circulación de especies migratorias. Desde o proxecto Migramiño executáronse obras para eliminar estes dous obstáculos e facilitar o tránsito das especies nos tramos afectados, mediante a colocación de dous dispositivos de franqueo para peixes migradores convencionais.