Actuacións da CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL nos ríos Furnia e Hospital

Actuacións da CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL nos ríos Furnia e Hospital

Os membros da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)  estiveron realizando durante o mes de agosto actuacións nos ríos Furnia e Hospital. O fin destas actuacións é contribuír a  diminución  do elevado potencial dos obstáculos que impiden albergar poboacións estables de especies tanto diádromas como residentes. Todas as actuacións  que se executan van dirixidas a obstáculos de orixe antrópico e con preferencia sobre construcións infranqueables ou que presenten unha maior dificultade para o seu franqueo. Tamén é fundamental a súa localización dentro da bacía. Neste sentido son prioritarios os obstáculos máis próximos á desembocadura, xa que afectan á chegada e saída de exemplares dunha maior superficie da bacía. Este factor é especialmente relevante para as especies diádromas, que necesitan realizar migracións entre auga doce e o medio mariño para completar o seu ciclo vital.

No río Furnia os obstáculos prioritarios para as actuacións de permeabilización veñen determinados, desde o punto de vista biolóxico, pola dificultade que implica o seu franqueo para os diferentes grupos de especies e pola súa proximidade á desembocadura, con preferencia polos obstáculos con dificultade de franqueo elevada e máis próximos á desembocadura. Identificáronse un total de nove obstáculos, que limitan o tramo accesible ás especies migradoras a 3868 m do río.

As accións da CHMS enfocáronse en FUR_01 e FUR_02, nestes elimináronse os obstáculos que dificultaban o paso das especies por este río.  As actuacións no río Hospital, actualmente atópanse á espera de recepción de resolucións de trámites administrativos, estes iniciáronse para obter autorizacións que permitan actuar nos obstáculos ben para o seu permeabilización ou a súa eliminación.

Todas as actuacións atópanse enmarcadas dentro da Actividade 1 “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial”, Acción 3 “Eliminación e permeabilización de obstáculos de canles fluviais” do proxecto.