Actuacións da CHMS no río Caselas

Actuacións da CHMS no río Caselas

Os membros da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) realizaron  actuacións  de permeabilización e eliminación de obstáculos no río Caselas (Tui). Estas actuacións consistiron na demolición de dous azudes no lugar de Souto de Arriba e a instalación dun dispositivo innovador de franqueo desenvolto pola Universidade de Santiago de Compostela sobre unha obra de paso da estrada que une devandito lugar co balneario de Caldelas de Tui.

Todas as actuacións  que se executan van dirixidas a obstáculos de orixe antrópico e con preferencia sobre construcións infranqueables ou que presenten unha maior dificultade para o seu franqueo. Tamén é fundamental a súa localización dentro da conca. Neste sentido son prioritarios os obstáculos máis próximos á desembocadura, xa que afectan á chegada e saída de exemplares dunha maior superficie da conca. Este factor é especialmente relevante para as especies diádromas, que necesitan realizar migracións entre auga doce e el medio mariño para completar o seu ciclo vital.

Todas as actuacións atópanse enmarcadas dentro da Actividade 1 “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial”, Acción 3 “Eliminación e permeabilización de obstáculos de leitos fluviais” do proxecto. Este atópase cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020.