5ª Reunión de socios do proxecto migra miño-minho

5ª Reunión de socios do proxecto migra miño-minho

Onte 4 de abril celebrouse a 5ª reunión de socios do proxecto Migra Miño- Minho, nas instalacións do Aquamuseu Rio Minho, en Vilanova de Cerveira.
O encontro, que congregou a representantes de todos os beneficiarios do proxecto, tivo como obxectivo facer un repaso das actividades que se fixeron ao longo dos últimos meses e realizar unha previsión a curto prazo sobre a execución de próximas accións. Dados os avances realizados na selección de obstáculos a intervir, o proxecto atópase en fase de xestión para conseguir as licitacións de obras que permitan a execución dos traballos de eliminación e permeabilización nos devanditos obstáculos.

Tras a reunión, os socios visitaron o río Gadanha que, xunto ao Mouro, constitúe a zona de intervención dos socios portugueses en canto á instalación de dispositivos de franqueo nos obstáculos seleccionados. O motivo desta visita foi tratar de acordar, xunto aos membros da USC, sobre que obstáculo sería máis adecuado instalar o dispositivo innovador deseñado por eles, tendo en conta as características do obstáculo e as condicións do hábitat nese punto.