XORNADA DE LANZAMENTO E PRESENTACIÓN DO PROXECTO MIGRAMIÑO

XORNADA DE LANZAMENTO E PRESENTACIÓN DO PROXECTO MIGRAMIÑO

O pasado 27 de novembro tivo lugar na Fortaleza de Salvaterra de Miño a celebración da xornada de lanzamento e presentación do proxecto Migramiño, enmarcado no Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo da presentación foi dar a coñecer o conxunto de iniciativas levadas a cabo durante o proxecto, xa operativo desde hai un ano, así como a exposición dos primeiros resultados obtidos e os esperados ao longo do tempo de execución.

A sesión contou a presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, e do alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, quen deu a benvida a todos os asistentes e introduciron o acto presentación.

Durante o desenvolvemento da xornada, os socios do proxecto expuxeron cada unha das actividades realizadas con detalle sobre a súa execución e o propósito de cada unha delas. Dado que o proxecto xa está en marcha, os socios tamén achegaron documentación audiovisual sobre os resultados xa obtidos a partir das primeiras accións.

Por parte da USC, un dos beneficiarios do proxecto, presentáronse ante o público asistente os prototipos e maquetas dos materiais para utilizar na execución das actividades programadas.

Nesta mesma páxina poden consultarse as presentacións e materiais utilizados durante a sesión:

1ª mesa - Xestión e conservación dos peixes migradores - Pablo Caballero
1ª mesa - Xestión e conservación dos peixes migradores - Carlos Antunes
2ª mesa - Actuacións para mellorar a mobilidade e accesibilidade dos peixes - Agustín Sevilla
2ª mesa - Actuacións para mellorar a mobilidade e accesibilidade dos peixes - María Jose Moura
2ª mesa - Actuacións para mitigar as presións nas canles fluviais - Susana Cuesta
2ª mesa - Avaliación do impacto das actuacións - Carlos Antunes
Resultados temperáns - Fernando Cobo
Plan de traslocación de anguías no Baixo Miño - Pablo Caballero
A Xestión da pesca fluvial nos afluentes do Baixo Miño - Pablo Caballero
Normas de pesca en afluentes portugueses - Marta Santo