Vive de preto a repoboación do salmón atlántico

Vive de preto a repoboación do salmón atlántico

Grazas ao Proxecto Migraminho conseguiuse soltar máis de 78.000 xuvenís no Baixo Miño sendo o dobre do indicador inicial previsto no proxecto. Enmarcado dentro da Actividade 3: Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores, este proxecto  realízase  grazas á confinanciación proporcionada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

En colaboración con a Xunta de Galicia e o Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas, foi posible plasmar o traballo realizado por todos os socios para lograr a presenza de poboacións salmónidas nos ríos do Baixo Miño.

Non perdas a oportunidade de ver de preto o proceso de repoboación dos salmóns neste vídeo!