Situación Excepcional do ano 2018 no proceso de traslocación da anguía

Situación Excepcional do ano 2018 no proceso de traslocación da anguía

O proxecto Migramiño contempla na súa actividade 3 o “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”. Así, a acción 1 prevé un Plan de traslocación de anguía do encoro de Frieira a ríos tributarios do baixo Miño que beneficie tanto a ríos tributarios de Galicia como de Portugal.

Con esta acción increméntase a taxa de superviviencia dos alevíns de anguía e contribúese a aumentar a densidade poboacional da especie na subcuenca do tramo internacional do río Miño, dando cumprimento ás medidas para a recuperación da poboación da anguía europea aprobada polo Consello de Ministros Europeo (EC Reg1100/2007).

Neste informe descríbese as tarefas realizadas e resultados alcanzados no Plan de Traslocación de Anguía levado a cabo no ano 2018. Durante o ano 2016 iniciouse este labor de traslocación conxuntamente co ICNF, socio do proxecto que supuxo o traslado de 175 kg. de angulas a ríos portugueses afluentes do TIRM. (Tramo Internacional do Río Miño). Durante o ano 2017 supuxo o traslado de 998,14 kg. de angulas aos ríos fluviais galegos e portugueses.

A presenza de angulones no encoro de Frieira dáse normalmente durante os meses de xullo e agosto. As primeiras evidencias detéctanse cando se observa a aparición de anguías remontando as ramplas da presa. En 2018, ao non detectar movemento de angulones durante o mes de xullo déronse instrucións de poñer en funcionamento a escala ao obxecto de verificar que non había angulones en movemento. A escala controlouse durante 4 semanas seguidas 2 veces por semanalmente entre o 30 de xullo e o 26 de agosto. Neses controis só detectouse algunha anguía adulta, pero ningún angulón.

Por tanto, por primeira vez neste década, non se constatou remonte de angulones, o que contrasta coa case tonelada de exemplares capturados durante o ano 2017. Por iso, non foi posible a traslocación de anguía.

Descoñecemos o motivo que produciu este fenómeno durante 2018, pero esperamos que en 2019 prodúzase unha nova chegada de angulones a Frieira, se non sería un dato moi preocupante.