
28 Mai Sesión práctica no “Workshop on pit tag methodologies for fish pass”
Os investigadores da Estación de Hidrobioloxía ” Encoro do Con” mostraron as técnicas de marcado que se aplican nos peixes migradores para o seu seguimento, así como o manexo do material empregado, durante a xornada práctica do ” Technical Workshop on PIT Tag Methodologies for fish pass, River Monitoring and Aquaculture” a semana pasada en Lisboa.
Estas técnicas utilízanse para o marcado de peixes nunha das actividades do Proxecto Migramiño, co fin de facer seguimento das especies e avaliar o efecto da retirada de obstáculos nas zonas que habitan.