Segunda reunión de socios do Proxecto Migra Miño- Minho

Segunda reunión de socios do Proxecto Migra Miño- Minho

O pasado 27 de setembro celebrouse na sede do Parque Natural Monte Aloia (Tui), a 2ª reunión de socios do proxecto co obxectivo de analizar o estado de execución do proxecto e planificar as novas actividades previstas nos próximos meses. Entre os temas tratados, avanzouse na organización da xornada de lanzamento do proxecto, que se celebrará o próximo 27 de novembro na Fortaleza de Salvaterra do Miño.