Reprodución artificial do stock de sábalo do río miño

Reprodución artificial do stock de sábalo do río miño

A semana pasada, técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural levaron a cabo, por primeira vez en Galicia, o desove artificial de sábalo (Alosa alosa), na piscifactoría de Carballedo, en Cercedo-Cotobade.

Os exemplares, dúas femias e dous machos, foron recollidos na estación de captura do encoro de A Frieira durante o mes de xuño, época na que remontan o río Miño para reproducirse.

Esta acción, contemplada no marco da actividade 3 do Proxecto Migramiño, sobre a creación dun stock reproductor de sábalo procedente do río Miño, contou co asesoramento dos técnicos da Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (USC) e o CIIMAR de Portugal.
Trátase dunha acción experimental coa que se pretende determinar a viabilidade da reproducción en catividade desta especie ameazada no Río Miño. De momento haberá que esperar a ver cómo evoluciona a fase de incubación.

 

A continuación móstrase un vídeo con parte do proceso de fecundación das ovas extraídas das femias.