04 Mai Repoboación de salmóns no río Miño
Esta mañá soltáronse un total de 7.350 esguines de salmón no tramo internacional do río Miño, desde a Comandancia Naval de Tui, como medida de repoboación desta especie no río. Esta acción foi realizada por técnicos da Direccion Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, co apoio da Armada española e portuguesa. Tamén estiveron presentes membros do CIIMAR e do ICNF, socios do proxecto Migramiño, ademais de colectivos de pescadores de España e Portugal.
Esta semana, ademais, soltáronse 10.000 esguines de salmón máis, 6.600 no río Deba e 3.700 no Tea. Estes salmóns, en fase de esguín, están preparados para a súa migración cara ao mar. Tras a solta, iniciarán en breve a súa baixada polo río para ir ao mar, onde pasarán polo menos un ano antes de volver ao río para reproducirse.