Reforzo da poboación de salmóns na bacía do Baixo Miño

Reforzo da poboación de salmóns na bacía do Baixo Miño

O proxecto Migramiño é un proxecto de conservación do eixo prioritario 3 que está circunscrito ao obxectivo temático 6 – Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos e á prioridade de investimento 6D – Protección e restablecemento da biodiversidade e fomento dos servizos dos ecosistemas, inclusive a través de Natura 2000 e de infraestruturas ecolóxicas.

Dentro da actividade 3 “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”contémplase por unha banda, a creación dun stock reprodutor de salmón e polo outro, o reforzo da poboación na conca do Baixo Miño.

Para reforzar as poboacións de salmón na conca, durante o ano 2017 realizáronse soltas de xuvenís de salmón nos ríos Deva, río Tea e no río Miño ascendendo a un total de 57.765 xuvenís nos ríos Deva, no propio Miño e no río Mouro, este último afluente portugués do Miño.

Estas actuacións foi realizadas grazas á colaboración establecida entre o ICNF e a Xunta de Galicia socios do proxecto.