
21 Mai Que accións leva a cabo Migramiño para recuperar as especies?
- Favorecer o paso migratorio mediante a construción de ascensores nas grandes presas e a eliminación de obstáculos.
- Depuración e control dos vertidos.
- Regulación ou prohibición efectiva da súa pesca.
- Aumentar o nivel de protección na lexislación nacional.
- Corrección das canalizacións.
- Mantemento dos rexímenes de caudais naturais dos ríos.
- Optimización da xestión da pesca deportiva.
- Control do furtivismo.
Grazas a estas medidas, asegúrase a supervivencia de peces como as alosas, o salmón, o reo, as anguías e a lamprea.