
08 Mai Presenza do proxecto nos medios de comunicación
A solta de exemplares de salmón no río Miño, o pasado venres 4 de maio desde o Embarcadoiro de Tui, xerou unha alta repercusión mediática na zona.
Ademais de varias publicacións nos periódicos locais, a noticia sobre a repoboación do Miño foi recollida pola canle de televisión Infominho TV, que ofrece información sobre a actualidade no Baixo Miño, e na súa reportaxe pódese ver cómo os máis de 7.000 esguíns son liberados ao río desde un dos barcos da Armada.
A difusión a través dos medios de comunicación compleméntase coa divulgación deste tipo de actividades entre colectivos sociais que poidan estar interesados, como neste caso dos pescadores, que tamén estiveron presentes o día da solta.