Presentación de Migramiño na “I Xornada AGAIA”

Presentación de Migramiño na “I Xornada AGAIA”

Os investigadores da Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (USC) organizaron un seminario internacional sobre o Proxecto Migramiño no marco da “I Xornada AGAIA (Asociación Galega de Investigadores da Auga)”, celebradas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os pasados 28 e 29 de xuño. Nelas tivo lugar a exposición de diferentes conferencias sobre a situación actual en Galicia en materia de ecosistemas acuáticos, patrimonio cultural, o valor ambiental dos ríos e as especies que os habitan.

No seminario organizado pola USC participaron varios expertos internacionais en peixes migradores, entre eles outros socios do proxecto, a DXPN e o CIIMAR. Durante o transcurso da sesión, presentaron aos asistentes algunhas das accións que están levando a cabo, ademais de conclusións sobre os resultados que están obtendo en relación ao estado de conservación e ecoloxías das especies migradoras obxecto de estudio.