Pesqueira e poboación da anguía europea nos estuarios do río Ulla e Umia

Pesqueira e poboación da anguía europea nos estuarios do río Ulla e Umia

A anguía europea [ Anguilla anguilla ( Linnaeus, 1758)] é unha especie catádroma cunha poboación panmítica europea que sufriu un drástico declive nas últimas décadas. Este estudo tivo como obxectivo o caracterizar a poboación e pesqueira de anguía nos estuarios dos ríos Ulla e Umia e na zona costeira próxima (ría de Arousa; NON de España) e se esta pesqueira axústase ás regulacións de pesca implementadas para alcanzar unha explotación sostible. As anguías foron capturadas usando butróns en mostraxes propias ou proporcionadas por pescadores comerciais en xullo de 2017. Tamén se realizaron enquisas a pescadores e almacenistas. En total examináronse 772 anguías. Rexistráronse diferenzas significativas entre o estuario do Ulla (zona de pesca) e o complexo Umia-O Grove (área vedada) nas capturas por unidade de esforzo e na lonxitude total, peso e factor de condición das anguías capturadas. Os resultados das enquisas suxiren que existen diversas prácticas ilegais que reducen a efectividade das medidas implementadas para a conservación e explotación sostible desta especie ameazada e evidencia a necesidade dun control da pesca máis estrito e eficaz.

 

Descarga o poster del VII Congreso Ibérico de Ictioloxía 2018