O Proxecto Migra Miño_ Minho celebrou a súa 9ª reunión de coordinación

O Proxecto Migra Miño_ Minho celebrou a súa 9ª reunión de coordinación

Os socios do Proxecto Migra Miño_ Minho reuníronse este venres no Centro Ictiológico de Ximonde da Xunta en Vedra. Durante esta sesión  puxeron de manifesto os avances das actuacións do proxecto ademais de revisar as previsións finais de execucións das actividades deste POCTEP.

Tras a finalización desta reunión os socios visitaron as instalacións de o  coto de Ximonde, un espazo de gran valor ambiental situado na ribeira do Río Ulla, fronteira natural entre as provincias de Coruña e Pontevedra.