
18 Xan O Proxecto Migra Miño_ Minho celebrou a súa 8ª reunión de coordinación
Os socios do Proxecto Migra Miño- Minho reuníronse este xoves no Edificio da Xunta en Pontevedra. Durante esta sesión puxéronse de manifesto as fortalezas, analizáronse as debilidades e acordáronse as previsións finais de execucións das actividades deste POCTEP.
Tras a finalización desta reunión os socios visitaron as instalacións da Piscifactoría de Carballedo da Xunta de Galicia (Cotobade) coincidindo co momento de reprodución artificial do salmón.